Cinefórum DiversXs "Gia"

Data: 
Fri, 16/02/2018 - 20:30
Local: 
A Cova dos Ratos - Rua Romil, 3 - Vigo

Actividade de balde organizada por Nós Mesmas coa colaboración de A Cova dos Ratos que nos cede o seu local.

Cinefórum DiversXs é unha actividade onde proxectamos algún filme de temática LGTBI+ con debate posterior, que ten lugar cada tercer venres de mes.

Nesta ocasión proxectamos "Gia" basada na vida de Gia Marie Carangi considerada a primeira super modelo dos 80. A súa forma de vivir salvaxe e sen prexuízos faina unha modelo inusual naquela época, neste filme trata temas como a sexualidade, narra a relación de Gia coa maquilladora Sandy Linter considerada o gran amor da súa vida, tamén nos mete no mundo das drogas e o VIH.

evento: https://www.facebook.com/events/173547389923598/