Así foi a manifestación en defensa da Insumisa este entroido

Este sábado 10 de febreiro ás 20:00 estaban chegando ó Obelisco decenas de persoas con distintos disfraces e pancartas para mostrar o seu apoio ó CSO A Insumisa. Varias persoas ían disfrazadas de simpáticos polbos, o animal mariño que xa se volveu un identificativo do espazo liberado; outras ían de verdugos acompañadas de membros da Marea Atlántica (é dicir, con disfrace da Marea Atlántica, non as integrantes de verdade do partido, aínda que estas tamén usan o seu propio disfrace durante todo o ano) que ían increpando á xente da manifestación, deixando claro por fin que o espazo é do concello e que ían botar a todos pra fora. A este espectáculo sumábase un guindastre de Prado Lameiro S.L. (a empresa a cargo de realiza-las obras na Comandancia) cunha bola de demolición feitas a man a partir dun carro da compra, uns cartóns e unha bola de pilates, a cal acometía contra persoas disfrazadas de casiñas.

Unha vez a xente comezou a reunirse no Obelisco, máis de cen persoas (non 30 ou 60 como din noutros medios que se fían da Policía Local…), comezouse a gritar clásicos eslóganes como “10, 100 , 1000 centros sociais”, “Un desaloxo, outra okupación”, “A Insumisa non se merca”, “Nin casas sen xente, nin xente sen casas” e algún novo como “Insumisa somos, Insumisa seremos e co concello nunca pactaremos”.

Tamén dúas persoas subiron ó trono de Momo, que este ano era un demo coa cara de Sande, conelleiro de cultura (disfrace bastante apropiado vendo cómo se respecta a cultura cando non vendes a túa alma ó demo-crata de turno) cun cetro coa cabeza do alcalde Xulio Ferreiro (bonita imaxe, é de dicir). Unha vez arriba, colgaron unha pancarta que puña: “A INSUMISA NON SE MERCA / OKUPA E RESISTE” e procederon a acender unha bengala á par que os ánimos da mani.

Acto seguido comezou a marcharse, sen ningún impedimento por parte dos corpos de policía, pola Rúa Real ata chegar á Praza de María Pita, facéndose notar con pancartas en defensa dos espazos liberados, bandeiras okupas (entre outras) e ata antorchas caseiras! De María Pita marchouse ata a Paraza do Humor onde a polbiña máis reivindicativa leu un novo comunicado deixando claro como funcionan as cousas no seu fogar, onde a decisión tomanse entre todas aquelas que queiran participar, e que de aí non se van ir polas boas!

A mani rematou, como non podía ser doutra maneira, na Insumisa, disfrutando dun concerto (os vascos MOCKER’S) e tomando algo en boa compañía.

Eiquí deixamos a videocrónica realizada por un compañeiro de Galiza Contrainfo, que se ben sempre cómpre visibilizar outros medios contrainformativos, tamén serve pra que poidades ver ós simpáticos polbiños que chegaron pra mostrar seu apoio e que claramente eran máis de 30 e incluso de 60 as manifestantes.

A AUTONOMÍA NON SE NEGOCIA!!!
A INSUMISA NON SE MERCA!!!

http://airmandadedacosta.info

Video
Ver vídeo

Comentários

Submeter um novo comentário

O conteúdo deste campo é privado e não irá ser exibido publicamente.
CAPTCHA
Esta pergunta serve para confirmar se és uma pessoa ou não e para prevenir publicaçãos automatizadas