[A Insumisa] Detido un anarquista na Coruña polos destrozos no local da Marea Atlántica

O pasado xoves 4 de outubro, a policía nacional detivo a un compañeiro anarquista en relación ás dilixencias abertas tras do desaloxo do Centro Social Okupado A Insumisa, concretamente polos destrozos do local de Marea Atlántica. Tras pasar a disposición xudicial esa mesma tarde, quedou en liberdade con cargos.

A detención producíase sobre as once da mañá, cando catro policías de paisano abordaron ao compañeiro libertario B**** á saída da súa casa. Tras negarse a declarar en comisaría foi trasladado aos xulgados, onde prestou declaración cara ás seis da tarde asistido polo seu avogado. A acusación pretende relacionalo coa compra de material presuntamente utilizado para perpetrar as desfeitas que unha decena de encapuchados realizaron o pasado maio no local de Marea Atlántica, responsables directos e absolutos do violento e ilegal desaloxo do prolifico Centro Social Okupado A Insumisa.

O activista saía en liberdade sobre ás sete da tarde ás portas do xulgado, onde o recibiron varias ducias de solidarixs que se concentraron con pancartas contra o golpe represivo.

A investigación non está pechada e polo menos outra persoa podería estar a ser investigada polos mesmos feitos. Deste xeito son xa cinco xs que pasaron a disposición xudicial (un deles mesmo pasou unha semana no cárcere de Teixeiro) polo brutal desaloxo perpetrado polo suposto “goberno do cambio” de Marea Atlántica. A pesar da sua verborrea progresista e os seus baleiros xestos “buenrolleros”, o concello podemita coruñés revelouse como a corporación local que máis duro golpeou aos Movementos Sociais desde a chegada da democracia.

Informa C.R. para A Irmandade da Costa

http://airmandadedacosta.info

Comentários

Submeter um novo comentário

O conteúdo deste campo é privado e não irá ser exibido publicamente.
CAPTCHA
Esta pergunta serve para confirmar se és uma pessoa ou não e para prevenir publicaçãos automatizadas